Sousón

Sinonimias

Retinto, Tintilla, Pazao e Viñón

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como cultivadana provincia de Lugo, na zona de Cortegada (Ourense) e na Estrada (Pontevedra), onde se coñece baixo a denominación de Retinto, ena zona de Entrimo (Ourense) coñecida baixo a denominación de Viñón. No Catastro Vitícola de 1983 indícase a súa presenza na DO Ribeiro. A súa orixe xenéticaestá relacionada con cultivares da liñaxe do CaíñoBravo (Díaz-Losada et al., 2010).

Situación actual

É unha variedade da IXP Ribeiras do Morrazo. Ademáis é recoñecida como variedade preferente nas DD.OO. Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas e Valdeorras e, como autorizada na DO Monterrei, e é contemplada nas indicacións xeográficas Viño da Terra Barbanza e Iria e Val do Miño.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación media e maduración tardía, presenta sensibilidade moderada ao mildeu oídio e botrite. Produce viños con graduacións de medias e acidez alta, caracterizados por presentar tonalidades violáceas consuficiente intensidade colorante para o seu envellecementoen barrica; de notable complexidade olfactiva, viños afroitados, con notas a froitos vermellos e a herbas aromáticas e balsámicas.

Descrición morfolóxica

Pámpano

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media. Acara dorsal dos entrenós e nós é verde e vermella, mentres que a ventral é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base de intensidade media.

Folla Nova

A folla nova é bronceada con peluxe tombada dedensidade media.

Folla Adulta

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais e baixa sobre os nervios principais da face do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con mestura de lados convexos e rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar pouco aberto coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de U; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal

Acio

O acio é cónico, de lonxitude e anchura media, compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

Bago

O bago de cor azul negra presenta forma esférica.

 

Imaxes: 
Sousón
Sousón 2
Fonte:: EVEGA