Cada vez máis, as persoas consumidoras reclaman unha maior transparencia sobre os produtos que adquiren ou consomen, de aí a necesidade de contar con figuras de protección que recoñezan e certifiquen a súa procedencia, calidade, así como outros aspectos relativos ao control, a transformación e a seguridade alimentaria.
As IXP, nacen así coma un distintivo que verifica que os produtos co selo de identificación xeográfica protexida atópanse dentro da lista de produtos de orixe e calidade certificada, protexidos polas normas da unión europea.
As persoas viticultoras e adegueiras da IXP Ribeiras do Morrazo, son conscientes da repercusión ambiental, económica e social que ten o desenvolvemento do sector vitivinícola na súa contorna. Por iso, e dando resposta á demanda actual das persoas consumidoras de produtos de calidade e respectuosos co medio ambiente, apostan por implantar un sistema de Boas Prácticas vitivinícolas dentro da IXP Ribeiras do Morrazo.