SISTEMA CERTIFICACIÓN. PROCESOS PARA A OBTENCIÓN DA CONTRAETIQUETA DE VIÑO ELABORADO AO AMPARO DA INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA.
A CERTIFICACIÓN NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO.
A denominación de calidade Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo, ten como obxectivo principal protexer os viños elaborados na súa área xeográfica, que por si posúen unhas calidades derivadas do seu orixe pero que ademais contan cuns atributos de calidade específicos, derivados do cumprimento do seu Prego de Condicións, e que van máis aló das esixencias obrigatorias de calidade, distinguindo e garantindo a autenticidade dos mesmos ao implantar un sistema de control que proporciona confianza ao mercado. A certificación tamén lles permite aos seus viños diferenciarse, sendo un factor clave de posicionamento de cara ás persoas consumidoras, e unha vantaxe competitiva na selección de produtos de cara á exportación. A marca distintiva da certificación é a “contra-etiqueta” da IXP Ribeiras do Morrazo.
QUE NOS DI A CONTRA-ETIQUETA?
As botellas de viño que levan a contra-etiqueta da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo ofrécenlle ao consumidor: a garantía desa zona protexida, da elaboración dese viño e da súa calidade. A contra-etiqueta garántelle á persoa consumidora que o que vai a atopar na botella é o que se anuncia, porque se está garantindo que: A. O viñedo onde se obtivo a uva está amparado pola IXP Ribeiras do Morrazo, e polo tanto o coidado das cepas, o cultivo e a obtención das uvas empregadas para ese viño fíxose conforme ao regulamentado no seu Prego de Condicións. B. A adega onde se elaborou o viño cumpre coas prescricións, e a normativa, do Prego de Condicións da IXP.
QUE OPERADORES INTERVEÑEN NO PROCESO DE CERTIFICACIÓN?
No proceso de certificación da IXP interveñen tanto os operadores que participan no proceso de elaboración do viño como a entidade da administración responsable da comprobación e control:
- Persoas viticultoras
- Adegas elaboradoras.
- Embotelladores.
- Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL)
1. PERSOAS VITICULTORAS
- Ter os viñedos inscritos e actualizados no Rexistro Vitícola Galego (RVG)
- Declaración de produción ao amparo da IXP
- Ter os xustificantes da compravenda dos produtos
- Cumprimentar debidamente os caderno de explotación
- Declarar a colleita de uva
2. ADEGAS ELABORADORAS
- Estar inscrita no Rexistro de Industrias Agroalimentarias, no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA) e contar con tódalas autorizacións administrativas e legais necesarias
- Comunicar a data de inicio da vendima (7 días de antelación)
- Comunicar o remate da vendima (máx. 48H)
- Declaración de entrada de uva e produción de viño (antes do 10 de decembro)
- Contabilidade específica para os viños e os produtos empregados
- Inventario anual de existencia
- Envío á Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) de copia das follas dos libros de entradas e saídas de viños (antes do 1 de setembro)
- Ter a disposición copia das facturas de compravenda de uva No caso de que a adega tamén proceda ao embotellado dos viños elaborados debe cumprir as obrigas propias dos “embotelladores”.
3. EMBOTELLADORES.
As principais obrigas das empresas embotelladoras son:
- Estar inscritas no Rexistro de Embotelladores, e contar con tódalas autorizacións administrativas e legais necesarias
- Contabilidade específica dos viños da IXP e os produtos empregados
- Libro de rexistro de embotellamento
- Envío trimestral á AGACAL da copia das follas dos libros de entradas e saídas de embotellamento cos datos campaña pechada (antes do 1 de setembro)
- Ter a disposición copias dos albarás e facturas dos produtos empregados
- Solicitar á AGACAL as contra-etiquetas para cada partida de viño a embotellar. Coa solicitude debe enviarse copia da analítica feita a esa partida
4. AXENCIA GALEGA DE CALIDADE ALIMENTARIA (AGACAL).
O labor da AGACAL de comprobación e control obsérvase no seguinte esquema: