Sinonimias
Caíño Redondo, Couxo
Antecedentes
Estecultivar está relacionado xeneticamente coa linaxe do Merenzao (Díaz-Losada et al., 2010).
Situación actual
Esta variedade está contemplada coa categoría de preferente na D.O. Rías Baixas.
Valoracións sobre o seu cultivo
É unha variedade da IXP Ribeiras do Morrazo. Variedade de agromada media e maduración serodia; produción baixa en relación á Mencía; sensibilidade media á botrite ao mildeu e ao oídio. Produce viños cunha graduación media-alta que dependendo da localización do seu cultivo poden variar en entre 11,4-14% v/v; de acidez media (6-4,7 g/L) e pH alto ( 3,5-3,9); de cor medio(IPT 55-38); cunha alta intensidade aromática, con aromas a froitos vermellos, grosella, fresa, e a lácticos; con corpo, persistente, de taninos suaves e agradables. A variedade é indicada para a elaboración de viños do ano tanto monovarietais como plurivarietais; podería aguantar ben a crianza en barrica.
Descrición morfolóxica
Pámpano
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidadebaixa e pigmentación ausente ou reberetada de intensidade moi débil. A cara dorsal dos entrenóse nós é verde e vermella, e a cara ventral, verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea e de intensidade débil.
Folla Nova
A folla nova é verde con peluxe tombada dedensidade media.
Folla Adulta
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais do envés e nula ou moi baixa de pelos ergueitos e con densidade baixa de pelos tombados e ergueitos sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes de lados convexos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo máis curto que o nervio principal.
Acio
O acio é cónico, longo, de anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.
Bago
O bago de cor azul negra presenta forma esférica.