Aberto o prazo para participar no concurso de fotografía e vídeo "Que hai nesta botella?" dentro da campaña de promoción da IXP Ribeiras do Morrazo que impulsa o GDR Pontevedra-Morrazo.
O concurso consta de dúas categorías: FOTO e VÍDEO e a temática consiste en interpretar o lema da campaña "Que hai nesta botella?. Por cada categoría sairá un gañador elixido por un xurado escollido pola propia IXP.
As persoas que desexen participar deberán subir as súas fotos e/ou vídeos a páxina de Facebook (https://www.facebook.com/IXP-Ribeiras-do-Morrazo-961447397374110/) ou Instagram (https://www.instagram.com/ribeirasdomorrazo/?hl=es) da IXP Ribeiras do Morrazo etiquetando a esta e usando os hashtags #FOTOquehainestabotella e #VIDEOquehainestabotella. Os participantes na categoría de vídeos deben ter en conta que estes terán unha duración máxima de 40 segundos.
Para máis información, pódense consultar as bases no apartado Descargar arquivos adxuntos.