Viñedos Ardán

Viñedos Ardán
Pequena adega familiar que se atopa no municipio de Marín, parroquia de ARDÁN, comarca do Morrazo, Pontevedra. Ten o privilexio de ser a única adega neste municipio. A vendima realízase de setembro ata mediados de outubro, seleccionando manualmente os seus acios, transportada posteriormente á adega para realizar nun principio o proceso de despalillado co fin de non transmitir as seus sabores amargos do acio e posteriormente o proceso de prensado para obter os mostos. Seguidamente vai o proceso de fermentación onde os azucres do mosto se transforman en alcol. Finalizada esta fermentación realizaranse varias trasfegas para eliminar restos sólidos.
Información
Categoría: 
Persoa xurídica
Relación coa parcela: 
Persoa viticultora
Dirección: 
C/ Vilaseca nº 42 Ardán Marín Pontevedra
Concello: 
Marín
Localización