Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa como presentena provincia de Pontevedra, na localidadede Boiro, na provincia da Coruña e en Bande (naprovincia de Ourense). No Catastro Vitícola de1983 indícase a súa presenza en Ourense, ondeocupaba o 0,09% da superficie de viñedo, fundamentalmentena DO Ribeiro, e na Coruña co0,02%.
Situación actual
É unha variedade da IXP Ribeiras do Morrazo. Ademáis é recoñecida como variedade preferente nascinco denominacións de orixe galegas. Tamén é contemplada para a elaboración de viños nas indicacións xeográficas Viño da Terra Barbanzae Iria e Val do Miño. Encóntranse rexistradas 15,28 ha na Coruña, 5,33 ha en Lugo, 600,61 ha en Ourense e 232,39 ha en Pontevedra, correspondendo a maioría da superficie á subzona do Condado do Tea.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de agromada e maduración tardías; produción e vigor alto comparada có Albariño; moderadamente sensible ao oídio, ao mildeu e á botrite. Produce viños equilibrados cuxa graduación varía dependendo da zona de cultivo entre 11 a 13,5%v/v, a acidez entre 5 a 7,5 g/L e o pH entre 3 a 3,4. Os viños posúen intensidade aromática media-alta, con aromas a froitas de pebida, mazá, pera, e pexego; son estruturados e persistentes con certo amargor final característico da variedade.
Descrición morfolóxica
Pámpano
O pámpano novo presenta a extremidade abertac on peluxe tombada de densidade media sen pigmentación. A cara dorsal e ventral do entrenóe ventral do nó é verde, mentres a dorsal do nó é verde e vermella. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
Folla Nova
A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade baixa.
Folla Adulta
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; con densidade baixa de pelos tombados sobre os nervios principais do envés do limbo; perfilplano; limbo con avultamento e inchazón débil;dentes con mestura de lados rectilíneos e lados convexos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar pouco aberto coa base enforma de chave; seos laterais superiores con lóbulos abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
Acio
O acio é cónico, de lonxitude, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás.O pedúnculo é de lonxitude curta.
Bago
O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.