Loureiro Tinto

É unha variedade da IXP Ribeiras do Morrazo. Loureiro tinto é unha variedade de uva ( Vitis  vinifera) tinta española. Tamén lla coñece cos nomes de:  loureiro tinta ou  loureira tinta. Ten bagas de tamaño pequeno e forma redonda. É autóctona de Galicia, único lugar onde se cultiva. Segundo a Orde APA/1819/2007, pola que se actualiza o anexo V, clasificación das variedades de vide, do Real Decreto 1472/2000, do 4 de agosto, polo que se regula o potencial de produción vitícola,  loureiro tinto considérase variedade recomendada para a comunidade autónoma de Galicia. Produce viños de calidade con moito aroma, pero sendo escasa, non se usa como  varietal senón como complementaria doutras. Hai unha  loureira branca, un pouco máis abundante que esta variedade tinta.

Imaxes: 
Loureira tinta
Fonte:: EVEGA