Data:
martes, Outubro 31, 2023
O pasado venres 27 de outubro arrincamos co primeiro dos nosos catro eventos da "Ruta dos Viños Oceánicos", a temática foi "Viños e gastronomía". 🍷
Tivemos un intenso e enriquecedor faladoiro con Xose Cannas, Miguel Anxo Besada e Manuel Gago. Acompañounos o mestre gaiteiro e luthier Xavier Blanco, poñendolle ritmo á xornada.
Por último Txema Ureta, guiounos nunha cata dos viños da IXP. Se te perdiches esta cita, ¡non pasa nada!
Temos máis xornadas en camiño. Inscríbete nos seguintes eventos, podes facelo aquí.
Vémonos na próxima!