Maridaxe dos viños da IXP co programa O Teu Xacobeo "A gastronomía fai camiño"

Data: 
luns, Outubro 14, 2019

O 7 de outubro o GDR Pontevedra Morrazo organizou en Pontevedra unha degustación dentro do Programa O Teu Xacobeo "A gastronomía fai camiño", nela degustábanse petiscos feitos con produtos propios dos concellos polo que pasa o Camiño Xacobeo Portugués.

Este programa, levado adiante pola Asociación de GDRs de Galicia, a Xunta de Galicia e Xacobeo 2021 quere poñer en relevancia a cultura gastronómica que os distintos camiños de Santiago protagonizan. Así o camiño que toca connosco, o Portugués, pasa por concellos do noso territorio: Redondela, Vilaboa e Pontevedra. 

Nesta degustación todos os petiscos creados polo chef do Cafetín de Pontevedra, Rubén González Vallejo, foron maridados con viños da IXP Ribeiras do Morrazo de todas as nosas adegas, Porta do Conde, o caíño tinto de Adega Ardán; Areeiros, o albariño de Adega Areerios; Viñas del Monasterio, o mencía de Adega Mosterio de Poio; e 100 Polas, o godello de Adega Reborina. Este foron os petiscos maridados:

  • Xarda mariñada en auga de mar con escabeche cítrico
  • Polbo, cremoso de pementón e vinagreta de oliva negra
  • Vieiras do peregrino con mariñeira actualizada
  • Choco da ría confitado con guiso da súa tinta e emulsión de lima limón
  • Canelón de polo de curral coa súa peituga curada, queixo e castañas
  • Filloa caramelizada con texturas de froitas de inverno
  • Requeixo con chocolate branco e moras do camiño