Iñaki Bretal logra para O Eirado a primeira Estrela Michelin para un restaurante de Pontevedra

Data: 
martes, Decembro 15, 2020

As boas noticias para a gastronomía da provincia de Pontevedra non quedaron nas dúas Estrelas Michelin que recibiu o Culler de Pau de Javier Olleros. Dous novos restaurantes lograron o seu primeiro recoñecemento da prestixiosa Guía Michelin.

Un deles foi O Eirado, o primeiro establecemento da cidade de Pontevedra en obter unha Estrela Michelin. É todo un premio ao exquisito traballo do cociñeiro Iñaki Bretal.

Desde a Guía Michelin, quixeron poñer en valor a cociña "moi persoal e de fondas raíces galegas" de Iñaki Bretal e traballo para realzar a "excelente calidade" dos produtos locais "con técnicas depuradas e texturas delicadas".

Xunto a O Eirado, o Silabario de Vigo logra recuperar o distintivo que tiña cando este restaurante estaba situado en Tui. No seu caso, destacaron a cociña "con sabor e fundamento" de Alberto González Prelcic e cunha "forte raíz tradicional pero do século XXI"

Ata o de agora eran cinco os restaurantes da provincia que con este distintivo gastronómico. Xunto a Culler de Pau, tíñana Pepe Vieira (Poio), Casa Solla (Poio), Yayo Daporta (Cambados) e Maruja Limón (Vigo). Estes catro lograron renovala.

Fonte: Pontevedra Viva, Alejandro Espiño

Foto: Mónica Patxot