Data:
martes, Xullo 5, 2022
A Alameda do Concello de Marín acollerá esta fin de semana, do 8 ao 10 de xullo, a I Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo, unha cita na que se poderán degustar e catar as distintas variedades que producen a Adega de Ardán, Os Areeiros, Videiras no Mar, Viñas del Monasterio e Reboraina.
Ademais de viño, que se venderá por copa cun prezo único, haberá polbo e xamón ao corte. Tamén se poderá adquirir unha copa conmemorativa da feira que estará serigrafiada co selo da IXP.
Lembremos ademais que os vindeiros 30 e 31 de xullo, Vilaboa celebrará tamén a súa tradicional Mostra do viño, na que se poderán degustar os viños da IXP Ribeiras do Morrazo.