Bodegas Costas únese á IXP Ribeiras do Morrazo

Data: 
venres, Febreiro 21, 2025

A IXP Ribeiras do Morrazo segue a medrar! Dámoslle a benvida a “Bodegas Costas de Exportación”, unha adega de longa tradición familiar de Moaña, que se incorpora á IXP nunha aposta pola calidade e a identidade vitivinícola da nosa comarca 🍷 ✨

Un legado vitivinícola con raíces en Moaña 

Situada nun enclave privilexiado da ría de Vigo, Bodegas Costas de Exportación leva décadas elaborando viños no noso territorio conciliando o respecto pola tradición, sen deixar de lado a innovación 🌊 🍇 

A aposta pola calidade e a identidade

A incorporación desta adega fortalecerá aínda máis o recoñecemento dos viños da nosa indicación xeográfica, apostando por variedades autóctonas que se benefician do clima atlántico e dos chans característicos da zona, cunha frescura, intensidade aromática, e un carácter, inconfundible.🌿 ✨