O vindeiro luns 2 de maio as adegas de Ribeiras do Morrazo participarán na xornada e túnel do viño que se celebrará no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense). Trátase das segundas Xornadas de divulgación e Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, que terán como protagonista nesta ocasión á IXP Val do Miño-Ourense. A asistencia ás xornadas e ás catas comentadas é gratuíta, pero compre inscrición a través do formulario.
Descarga Programa
Este evento ten lugar dentro do proxecto para a dinamización dos viños das IXP de Galicia, que coordina o GDR Pontevedra Morrazo e no que participan 6 Grupos de Desenvolvemento Rural (Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou Gdr Salnes Asociación Deloa Eu Rural Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo) e 15 adegas das diferentes indicacións de Galicia. Está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.
Resumo programa das xornadas/túnel do viño
Data: 2 de maio. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense
10:00
Recepción e rexistro das persoas participantes
10:30
Benvida institucional
10:45
Presentación do proxecto de cooperación «Dinamización e promoción das IXP de Viños de Galicia»
Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou)
11:00
Tradición histórica na IXP Val do Miño-Ourense:
Adega Terras Mancas, Vides Singulares e José Eduardo López Pereira (Presidente da Fundación Otero Pedrayo)
12:00
Situación e contexto da IXP Val do Miño-Ourense no panorama vitícola
Isabel Otero e Antonio Troitiño López (Consellería do Medio Rural)
Francisco Rego Martínez (Experto en viticultura)
13:00
Acto institucional de apoio e promoción dos viños da IXP Val do Miño-Ourense
17:00
Catas de viño comentadas para profesionais (canal HORECA)
18:30
Catas de viño comentadas abertas ao público