3 Brancos da IXP Ribeiras do Morrazo galardoados na 44ª Cata HGg&T de Brancos Transfronteirizos

 3 Brancos da IXP Ribeiras do Morrazo galardoados na 44ª Cata HGg&T de Brancos Transfronteirizos
Data: 
martes, Agosto 24, 2021

A revista Hostalería Gastronomía e Turismo acaba de publicar o resultado da súa cuadraxésimo cuarta Cata de Brancos HGg&T Transfronteiriza celebrada en Verín este verán, onde tres viños da IXP Ribeiras do Morrazo foron recoñecidos con medallas de ouro, prata e broce respectivamente.

A celebración desta 44ª Cata de Brancos Trasfronteriza levou ao equipo da revista, os seus colaboradores loxísticos e técnicos operativos, e ás dúas ducias de expertos que constituíron o panel de proba cualificador, de novo ao val de Monterrei -a súa homóloga precedente, de tintos, celebrouse en Verín no novembro pasado- e concretamente no pazo Do Retiro do Conde, en Vilaza, cuxas flamantes instalacións para un turismo rural de alta calidade acolleron, co equipamento e servizo desexados, o desenvolvemento da máis ampla comparativa de viños atlánticos que, nunha soa xornada e nunha convocatoria única, convoca en España un medio de comunicación impreso.

Hostalería Gastronomía & Turismo, seleccionou para esta final un total de 205 brancos ibéricos, producidos entre a influencia cantábrica da denominación de orixe Rioxa ata as terras de entre Douro e Tezo. Seis paneis con maioría técnica de profesionais da sumillería (representación da Asociación Galega de Catadores) e a enoloxía (Asociación Galega de Enólogos) avaliaron organolépticamente as mostras de adega, co contraste de expertos galegos e comunicadores especialmente vindos de Lisboa. Os dous centenares de viños catados estableceron o teito cuantitativo despois de dúas décadas longas de convocatorias únicas e de alto nivel, e de participación voluntaria (ou achegada pola revista segundo criterio do comité de selección) e gratuíta. Dos dous centenares e pico de etiquetas avaliadas polo sistema de cata cega, 140 conseguiron puntuacións merecedoras de podio, repartidas entre os 32 podios que estruturan os mellores descorches do momento e para os grandes momentos que veñen -sen máscara, promete ao fin, parece que controlada a pandemia- cunha oferta suxestiva e orientativa para os consumidores especializados e amigos do bo viño.

Nos casos que procede, e dadas as calidades merecedoras de altas cualificacións, incluíronse referencias homologables de diplomas, por atesourar puntuacións que noutras ocasións son de podio. Este resultado é o reflexo da calidade de mercado nunha ducia de denominacións de orixe que abarca xeograficamente a selección previa, atentos ás tipoloxías de maior demanda comercial, o que non exclúe a incorporación de tendencias ou novidades; nesta ocasión, por primeira vez, incorporaron ao elenco un podio de  Albarín leonés, ao que reciben a habitual representación da Rioxa, Bierzo, Rueda, Douro, Vinhos Verdes, Rías Baixas, O Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei, ademais da representación de I. X. P. (Ribeiras do Morrazo e Val do Miño), toda a comparativa e todos os resultados estruturados, como sempre, segundo orixes, tipoloxías, anadas e técnicas de elaboración segundo as tendencias de mercado e demanda consumidora.

Os viños da IXP Ribeiras do Morrazo galardoados nesta 44ª Cata de Brancos Transfronteiriza foron: Medalla de Ouro para 3 Hermanos de Adega Ardán; Medalla de Prata para Areeiros, de Areeiros Adega e Turismo Rural; e Medalla de Broce para Praia do Santo de Adega Ardán tamén. Comentan nas páxinas da súa revista: "Non teñen que sorprender estas elevadas puntuacións obtidas polos albariños producidos na península do Morrazo. Albariña é a uva que nutre as súas etiquetas, comparte o mesmo clima, latitude, terra e sabedoría que as comarcas maiores que conforman os Rías Baixas, e, a deducir polas cualificacións outorgadas, organolépticamente dan a talla que dan os demais."

Fonte: Revista  HGg&T 231, xullo-agosto 2021