Xornada en Ourense de Tunel dos Viños das IXP de Galicia

Data: 
mércores, Outubro 18, 2023

O pasado Luns 16 de outubro, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense asistimos as segunda xornada de: O Túnel dos viños das IXP de Galicia.

Comezamos a mañá, de 11h00 a 13h00, envoltos pola paixón e coñecemento de Luis e Alejandro Paadín. A súa masterclass foi coma unha viaxe profunda á alma dos viños galegos, onde cada historia e anécdota nos achegou un chisco máis á esencia do noso terreo.

E non rematou aí. No serán, entre as 17h00 e as 18h00, as catas comentadas de Martiño Santos foron, sen dúbida, a guinda do pastel. Con cada viño que descubríamos, os seus comentarios expertos ilumináronnos, permitíndonos apreciar con máis profundidade cada sabor, cada aroma. Foi como se cada trago nos contase unha historia diferente.

Se queres ser parte destas experiencias mágicas e descubrir o mellor do mundo vinícola galego, non te perdas os próximos eventos. Podes informarte e inscribirte na web viños.ixp.gal. Te prometo que non te arrepentirás!