Xornada técnica sobre artesanía alimentaria no GDR Pontevedra-Morrazo

Datas: 
xoves, Xullo 7, 2022
Lugar: 
Sede do GDR Pontevedra-Morrazo

Xornada técnica de divulgación sobre o novo decreto de artesanía alimentaria impartida e financiada por Agacal, co fin de animar aos operadores deste ámbito a inscribirse baixo esta marca de calidade diferenciada. 

A formación levarase a cabo na sede do GDR Pontevedra Morrazo en horario de mañá (10,00 a 13,00 horas). Ao longo da xornada abordaranse os obxectivos deste selo e as condicións xerais para a produción de alimentos artesáns, ademais da normativa reguladora correspondente, o control e certificación da actividade artesá e a flexibilización das normas de hixiene. Tamén se tratará o propio proceso de inscrición ao selo e o inicio da actividade artesanal.