O GDR Pontevedra-Morrazo porá en marcha os dias 06 e 09 de outubro 2 seminarios de traballo, dirixido aos seus promotores, para facilitar a elaboración de “Plans de Responsabilidade Social Corporativa (RSE/RSC)”.
Estas xornadas formativas, cun enfoque eminentemente práctico, organizaranse través de medios telemáticos para que empresas ou entidades do territorio poidan reflexionar na procura de respostas orixinais a carencias, problemas ou necesidades do contorno inmediato das organizacións.
A Responsabilidade Social representa unha nova perspectiva de xestión para todo tipo de entidades, grandes ou pequenas, lucrativas e non lucrativas. Trátase da integración voluntaria por parte das empresas ou entidades, das preocupacións sociais e medioambientais nas súas operacións comerciais e nas relacións cos seus interlocutores e a súa implantación require ineludiblemente do compromiso e a implicación do emprendedor ou máximo responsable da organización. Por esta razón é preciso que os emprendedores ou entidades que decidan avanzar nesta senda asuman motu proprio este modelo de xestión.
Por todo isto, co obxectivo de contribuír promover a Responsabilidade Social Corporativa nas empresas e entidades do territorio e sendo conscientes das limitacións que teñen os emprendedores en canto a medios materiais e persoais , O GDR Pontevedra Morrazo, facilitará a través destas xornadas prácticas, a elaboración de Plans RSE/RSC que melloren a competitividade das mesmas incorporando as inquedanzas sociais e ambientais no desenvolvemento das súas actividades.