
Datas:
venres, Setembro 13, 2019
O sábado 14 de setembro terá lugar o peche do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, no que a IXP Ribeiras do Morrazo é patrocinador e no que está presente ao longo do seu desenvolvemento. Na festa de clausura o viño será protagonista, coa presenza de todas as adegas do selo de calidade e unha amplia representación de viños elaborados con castes autóctonas e monovarietais.