Sinonimias
Loureiro Branco, Marqués (na zona de Salvaterra, Arbo)
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada na Pobra do Caramiñal (A Coruña) e nas Neves (Pontevedra). No Catastro Vitícolade 1983 indícase como cultivada na provincia da Coruña e na de Pontevedra. Este cultivar ten a súa orixe en CaíñoBravo (Díaz-Losada et al., 2010, 2011).
Situación actual
É unha variedade da IXP Ribeiras do Morrazo. Ademáis é recoñecida como variedade autorizada na DO Monterrei e como preferente na DD.OO.Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra e Valdeorras.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de agromada temperá e maduración tardía; produción alta en relación ao Albariño; sensible á botrite e moderadamente sensible ao oídio ao mildeu. Produce viños non moi alcohólicos (9,5-11,5%v/v) e de alta acidez (7,7- 9,5 g/L) e baixo pH (2,9-3). Os viños presentan unha moi alta intensidade aromática, con aromas a loureiro, moscatel, compota de froitas e flores brancas. En boca, ten pouco corpo e un predominio de arestas ácidas. É axeitada para a elaboración en mestura con outras variedades; debido ao seu alto contido terpénico marca os viños que levan esta variedade incorporada. Se aconsella en mesturas non exceder o 10%.
Descrición morfolóxica
Pámpano
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media, sen pigmentación ou con pigmentación reberetadade intensidade moi débil. A cara dorsal do entrenó, así como a cara dorsal e ventral do nó, é verde e vermella, mentres a cara ventral do entrenó é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea de intensidade débil.
Folla Nova
A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade media.
Folla Adulta
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados e baixa de pelos ergueitos entre os nervios principais do envés e baixa densidade de pelos tombados e ergueitos sobre os nervios principais do envés; perfil plano; limbo con avultamento medio e inchazón débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais do envés do limbo que afecta o punto peciolar; dentes con mestura de lados rectilíneos e convexos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos medio superpostos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de U; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
Acio
O acio é cónico, longo, de anchura e compacidademedia e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculoé de lonxitude curta.
Bago
O bago de cor verde amarela presenta forma esférica.