
Data:
luns, Xuño 15, 2026
🏅🌊 Os viños da IXP Ribeiras do Morrazo continúan destacando pola súa calidade e carácter atlántico.
A edición 2026 da prestixiosa Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia (Guía Paadín) volveu poñer en valor a altísima calidade, a honestidade e a marcada personalidade, dos viños elaborados baixo a IXP Ribeiras do Morrazo🍇🥂
As adegas deste territorio suman numerosos recoñecementos que reflicten o traballo realizado entre viñedos, mar e paisaxe. 🏅🍷
✨ Videiras no Mar
• María Soliño 2024 — Gran Ouro.
• Quereres de Berobreo 2024 — Gran Ouro.
• Quereres do Hío 2024 — Ouro.
✨ Ardán
• Praia do Santo 2024 — Ouro.
• Porta do Conde 2024 — Prata.
✨ Costas de Exportación
• Raigames 2025 — Ouro.
✨ Os Areeiros
• Os Areeiros Blanco 2024 — Ouro.
• Os Areeiros Tinto 2024 — Prata.
✨ Reboraina
• Reboraina 2024 — Ouro.
🥂 O próximo 3 de xullo, durante a presentación da Ruta Dos Viños Oceánicos da IXP Ribeiras do Morrazo, poderás descubrir este territorio e degustar unha selección dos seus viños.
📍 Mosteiro de Poio.
📅 3 de xullo.
🎟️ Actividade gratuíta con inscrición previa.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |





