
O sector vitivinícola galego reuniuse no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela para celebrar a entrega dos Premios das Catas de Viños, Augardentes e Licores de Galicia 2025, unha cita de referencia que destaca a calidade e autenticidade das elaboracións amparadas baixo as Denominacións de Orixe e as Indicacións Xeográficas Protexidas.
Nesta edición, os viños da IXP Ribeiras do Morrazo obtiveron dous importantes galardóns:
🥇 Acio de Ouro para Os Areeiros @osareeiros
🥉 Acio de Bronce para Raigames @bodegas_costas
Ambos elaborados en adegas pertencentes á nosa IXP, que continúa consolidándose como un referente pola súa calidade, frescura e identidade atlántica.
📍 Dende a IXP Ribeiras do Morrazo felicitamos ás adegas premiadas e a todas as persoas que fan posible que os nosos viños sigan conquistando os padais máis esixentes.