As estratexias de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, as características do branco lexítimo (variedade por excelencia da IXP Terra de Betanzos), o papel das Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños ou a promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo serán algúns dos temas que se abordarán nos faladoiros que se van celebrar no entorno da Capela da Esperela (Paderne) o vindeiro martes 12 de xullo.
Ese mesmo día celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos do ámbito de Betanzos e da administración pública galega.
Pola tarde e no mesmo lugar terá lugar o túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños desta Indicación Xeográfica Protexida así como das outras tres que existen en Galicia a través de catas comentadas.
A asistencia aos eventos é gratuíta con prazas limitadas. Por iso é necesario inscribirse a través da web viños.ixp.gal