Data:
luns, Agosto 3, 2020
Os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR) abranguen a totalidade do territorio rural galego. Nos últimos 30 anos de existencia os GDR veñen amosando capacidade de dinamización dos territorios cun enfoque de abaixo-arriba, cun modelo de gobernanza propio, tendo como base os recursos locais, a colaboración e o traballo en rede, e fomentando a innovación e os procesos de cambio no rural.
A campaña ten como principal obxectivo , poñer en valor esta contribución á dinamización económica e social do medio rural dos grupos de desenvolvemento rural de Galicia.
Máis información Facebook @gdrsdegalicia