Data:
martes, Setembro 1, 2020
Estes días Adega Ardan sorprendía cunha nova referencia de viño branco monovarietal, albariño, que deu en chamar PRAIA DE LOIRA.
Segundo as palabras de Fina Cabaleiro, a propietaria de Adega Ardan en Marín, "é un viño irman de Praia do Santo" é por iso que a imaxe da botella vai na mesma liña que o xa citado viño, e nunha botella co mesmo formato, aínda que de diferente cor. Na etiqueta se reflicten un dos eventos máis importante que acontecen nesta praia, os fogos artificiais de loira. A peculiaridade deste viño é que a comercialización é exclusiva dunha pequena tenda de alimentación de Loira, o "Supermercado Covirán", nuha forte aposta por poñer en valor o local e a orixe.