O Mosteiro de Poio acolle a presentación da Ruta dos Viños Oceánicos na 4ª xornada enoturística das IXP de Viño de Galicia

Fecha: 
Sábado, Junio 27, 2026

O venres 3 de xullo, o Mosteiro de Poio converterase no escenario da presentación da Ruta dos Viños Oceánicos, a proposta enoturística da IXP Ribeiras do Morrazo dentro das novas Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia.

Esta ruta pon o foco na estreita relación entre o océano, a paisaxe costeira e a tradición vitivinícola dun territorio marcado pola influencia atlántica.

A xornada inclúe presentación do itinerario, visita guiada e cata comentada con produtos locais, nunha actividade gratuíta aberta ao público mediante inscrición previa:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe8AwrUTbGal3jX_L75xuUfXz19BQQvApRgCrkfQ1vxPkghLQ/viewform

Toda a información está dispoñible en viños.ixp.gal.