
Fecha:
Sábado, Junio 27, 2026
O venres 3 de xullo, o Mosteiro de Poio converterase no escenario da presentación da Ruta dos Viños Oceánicos, a proposta enoturística da IXP Ribeiras do Morrazo dentro das novas Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia.
Esta ruta pon o foco na estreita relación entre o océano, a paisaxe costeira e a tradición vitivinícola dun territorio marcado pola influencia atlántica.
A xornada inclúe presentación do itinerario, visita guiada e cata comentada con produtos locais, nunha actividade gratuíta aberta ao público mediante inscrición previa:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe8AwrUTbGal3jX_L75xuUfXz19BQQvApRgCrkfQ1vxPkghLQ/viewform
Toda a información está dispoñible en viños.ixp.gal.