25-09-2020

Castes autóctonas

Os viños da IXP Ribeiras do Morrazo elabóranse exclusivamente a partir de uvas das castes autóctonas galegas, que se relacionan a continuación conxuntamente con algunhas das súas sinonimias máis coñecidas:

Recentemente púidose saber que algunha das castes autóctonas con máis identidade como o albariño e algúns dos caíños non foron traídas de fóra por colonizadores, senón que evolucionaron aquí desde a vinis sylvestis. No verán de 2020 a Misión Biolóxica de Pontevedra, xunto con outros investigadores publicou un estudo realizado de comparacións de sementes antigas que se conservan nos seus fondos con sementes atopadas en escavacións arqueolóxicas levadas a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela. Estas sementes foron atopadas en xacementos próximos a determinadas zonas vitícolas de Galicia. Este resultado demostra que posiblemente estas variedades existían de sempre, que o albariño provén da vitis sylvestris (vide silvestre) e que se deu por  cruzamentos naturais.

Todos estes resultados recolléronse nun estudo científico publicado no " Australian Journal of Grape  and Wine Research" participado por científicos galegos da Misión Biolóxica Galega (Carmen Martínez), o CSIC e o Departamento de Historia da Universidade de Santiago (Pepa Rei, Andrés Teira), tamén acompañados polos prestixiosos ampeógrafos Rafael e Carlos  Ocete. As sementes analizadas conserváronse por inundación ou combustión, en tres sitios arqueolóxicos: O Areal en Vigo e Reza Vella en Ourense (ambos da época romana) e Ponte do Burgo, en Pontevedra (séculos  XIII- XIV). Este estudo avala que, efectivamente, o albariño é unha caste autóctona con orixe en Galicia. Demóstrao ante a comunidade científica e ante a sociedade, sendo un recoñecemento ao labor dun gran equipo de traballo e unha excelente noticia para o mundo da viticinicultura galega, e en especial para a IXP Ribeiras do Morrazo.