Un Brinde á Cultura e Tradición Vinícola no remate das xornadas da "Ruta dos Viños Oceánicos"

Data: 
luns, Novembro 27, 2023

Na "Ruta dos Viños Oceánicos" alcanzamos a nosa última etapa, culminando unha xornada inesquecible de descubrimento e celebración do viño e da cultura. Este punto de encontro converteuse nun escenario onde a aprendizaxe, a música, as conversas estimulantes e, por suposto, o viño, foron os verdadeiros protagonistas.

As experiencias compartidas ao longo desta ruta foron únicas: desde catas inmersivas ata conversas profundas con expertos, cada paso foi unha celebración da riqueza vitivinícola que define a nosa IXP. Estes momentos non só reafirmaron o noso compromiso coa tradición vinícola, senón que tamén destacaron o importante papel que xoga o viño na unión e na cultura da nosa comunidade.

Ao pechar estas xornadas divulgativas sobre a Ruta dos Viños Oceánicos, sentimos a satisfacción de ter completado con éxito estas actividades e a ilusión polas futuras aventuras que nos agardan.

💙🍇 Grazas por acompañarnos e ser parte desta ruta chea de paixón polo viño e a cultura!

#ixpribeirasdomorrazo #serquensomos #RutaDosViñosOceánicos  #gdrpontevedramorrazo #somosGDR #viñosdasixpdegalicia #viñosquefalandenós #IXP #IXPdeGalicia #ViñoGalego 🌊🍇