SER QUEN SOMOS, a nova campaña de promoción da IXP Ribeiras do Morrazo

Date: 
martes, Febreiro 9, 2021

"SER QUEN SOMOS" fala de identidade en estado puro, de orgullo do propio e dunha aposta de valor polo auténtico.

A campaña que iniciou onte a súa andaina prolongarase ao longo de 2021, e consistirá na difusión a traves da comunidade virtual de Ribeiras do Morrazo de contidos audiovisuais, que incluirán entrevistas a persoas relevantes na contorna desta IXP. O concepto vira ao redor da profunda identidade de Ribeiras do Morrazo ligada ao territorio, á cultura, á gastronomía e por suposto, á sociedade, as persoas, que finalmente son as que sustentan este selo de calidade e loitan por el día a día.

Estamos a pasar tempos duros e complexos, a volta á orixe, mirar cara adentro, prestixiar o autóctono é unha tendencia destinada a superar estos momentos convultos. Todas estas razóns motivan o " leit motiv" desta campaña, estar orgulloso de quen se é, porque dá igual ser grande ou pequeno, caro ou barato, neste momento o importante é todo o auténtico que se é, e de autenticidade a IXP Ribeiras do Morrazo ten moito.