Regresan as Catas de Galicia nunha nova edición neste 2021

Date: 
luns, Abril 26, 2021

O director xeral da Agacal, José Luis Cabarcos, presentou a nova edición das Catas de Galicia 2021, animando ás adegas a participar un ano máis neste certame de renome a nivel nacional con máis de tres décadas de bagaxe. As adegas e comercializadoras que estean interesadas en participar, teñen ata o 28 de abril, este incluído, para inscribirse nas XXXIII Cata dos Viños, na XXIII Cata das Augardentes e na X Cata dos Licores Tradicionais.

Ademais, este ano haberá unha nova categoría de premios, o I Concurso de deseño da botella e etiquetaxe, que persegue premiar aquelas adegas que aposten tamén por unha presentación innovadora e creativa.

A través destas catas, a Consellería do Medio Rural recalca a importancia de promocionar, identificar e premiar os mellores viños, augardentes e licores galegos, produtos con selo de calidade dotados dun carácter único e dunha personalidade recoñecible dentro e fóra da nosa comunidade.

Ligazón para coñecer as bases e inscribirse: https://mediorural.xunta.gal/es/temas/agricultura/cata-vinos-aguardientes