Participación no FICBUEU 2019

Date: 
venres, Outubro 4, 2019

Entre o 6 e o 14 de setembro celebrouse o Festival Internacional de curtametraxes de Bueu, o 12º FICBUEU 2019.

A IXP Ribeiras do Morrazo colaborou estreitamente con esta iniciativa cultural, tan importante para Galicia e para Bueu en particular, xa que axuda a poñelo no mapa a nivel mundial, e a prestigiar nosa terra e a nosa cultura. Os nosos viños tiveron gran protagonismo nos actos de inauguración e clausura, coa representación das catro adegas do noso selo de calidade a través de catro viños monovarietales.

Así se degustou Porta do Conde, o caíño tinto de Adega Ardán, en Marín; Viñas del Monasterio, o mencía da Adega Mosteiro do Poio; Areeiros, o laureado albariño de Adega Areeiros e 100 Polas, o godello de Adega Reboraina. Todos os viños da colleita de 2018.