O BOE publica o Contrato tipo homologado de compravenda de uva para viño

Date: 
xoves, Abril 11, 2019

O novo documento, de carácter voluntario, realizouse a proposta da Organización Interprofesional do Viño de España ( OIVE)

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores 10 de abril a homologación do "Contrato-tipo de compravenda de uva con destino á súa transformación en viño" para a campaña 2019/2020. Dita homologación realizouse a proposta da Organización Interprofesional do Viño de España ( OIVE) de acordo á Lei 2/2000 reguladora dos contratos tipo agroalimentarios. Con este novo documento recoñecido a nivel institucional a través da Orde APA/413/2019, a organización busca facilitar e ordenar as transaccións entre os actores da cadea de valor do viño e que os operadores dispoñan dun mecanismo para a resolución de discrepancias entre as partes. O novo contrato é de carácter voluntario e estará vixente na próxima campaña vitivinícola que se inicia o próximo 1 de agosto. Tras a homologación, ábrese o proceso para a creación dunha comisión de seguimento no seo de OIVE, apoiada nun servizo externo e independente que levará o rexistro de contratos e velará polo control e vixilancia do seu cumprimento. O novo contrato tipo estará dispoñible nas próximas semanas na web de OIVE, nun apartado creado para iso, xunto a unha guía para a súa aplicación e un procedemento de conciliación ante posibles discrepancias entre as partes. Desde OIVE, levarán a cabo acciones para promocionar a súa utilización entre os operadores. Os contratos tipo son unha práctica estendida no ámbito agroalimentario e actualmente sectores como o lácteo, cítricos ou forraxe teñen contratos homologados vixentes. O seu emprego, ademais, permitirá a obtención de valiosa información agregada sobre as transaccións acollidas a esta modalidade, que contribuirá a un mellor coñecemento do sector.

Fonte: www.vinetur.com

Máis información

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2019-5406