Nova edición da Festa dos viños da IXP Ribeiras do Morrazo

Data: 
xoves, Xullo 6, 2023

A Alameda Rosalía de Castro acollerá esta fin de semana a segunda edición da Festa dos viños da IXP Ribeiras do Morrazo. Unha festa, coa que se inician as festas do Carme e na que se poderán degustar as diferentes variedades das cinco adegas que forman parte desta indicación xeográfica protexida, Adega Ardán de Marín, Os Areeiros de Vilaboa, Videiras no Mar de O Hío en Cangas, Viñas del Monasterio en Poio e Reboraina en Redondela.