IXP Ribeiras do Morrazo, a través do GDR Pontevedra-Morrazo participa na campaña O RURAL VIVE, VIVE O RURAL

Date: 
venres, Decembro 18, 2020

A Asociación de GDRs de Galicia ven de desenvolver ao longo deste ano 2020 unha campaña de promoción do rural chamada O RURAL VIVE, VIVE O RURAL, na que participan dun xeito u outro todos os GDRs de Galicia.

O GDR Pontevedra-Morrazo colaborou aportando como premio ao concurso enmarcado dentro da campaña, unha caixa de 12 botellas das nosas adegas. Esta caixa acaba de sair rumbo a Riós, na provincia de Ourense, para que disfrute dos nosos caldos María Pérez, gañadora do concurso no que este GDR colaboraba.

"O rural vive, Vive o rural" é unha campaña dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia para contribuír á dinamización económica e social do medio rural galego tralo Covid-19.