II ENCONTRO LEADER A Estrada 11 de setembro de 2019

Data: 
venres, Setembro 13, 2019

O 11 de setembro celebrouse en A Estrada (Pontevedra) o II Encontro Leader organizado pola Asociación de GDRs de Galicia e coa colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

A IXP Ribeiras do Morrazo estivo presente como bandeira do traballo realizado pola Asociación de Desenvolvemeno Rural Pontevedra Morrazo (GDR Pontevedra Morrazo), no que presentou o novo material de promoción do territorio baixo o lema "A EMOCIÓN DE DEIXARSE LEVAR".

Esta promoción xira en torno ao concepto de enoturismo, e de cómo a través dos nosos viños entras en contacto co seu territorio, a súa paisaxe, a súa cultura, o seu patrimonio e a súa gastronomía. Temos moito que dicir ao respecto, moito que mostrar ao mundo, moitas emocións que proporcionar ás persoas que levantan as nosas copas.